ARTICULOS POR TEMAS

10.7.12

Subvencións a empresas privadas para a potenciación do turismo mediante a mellora de establecementos r

A promoción e comercialización de Galicia como destino turístico de calidade, mediante a subvención a entidades privadas para a potenciación do turismo a través da mellora de establecementos restaurantes na Comunidade Autónoma de Galicia.

En concreto, consideraranse actuacións subvencionables as que se citan a seguir:

– Mellora nas instalacións dos establecementos restaurantes relativas a:

1. Obras necesarias para acadar condicións de accesibilidade no establecemento e supresión de barreiras físicas ou sensoriais: ramplas de acceso, agarradeiros, ...

2. Obras necesarias para a mellora da sustentabilidade nos establecementos (aforro enerxético, redución da contaminación acústica ou lumínica etc...).

3. Obras de renovación e mellora de cociñas e baños e comedores dos restaurantes.

4. Mellora de garaxes ou aparcamentos para uso exclusivo de clientes no mesmo predio onde se sitúen os establecementos.

– Mellora de servizos dos establecementos restaurantes relativas a:

1. Adecuación dos servizos de restauración para accesibilidade das persoas con discapacidade física ou sensorial (renovación ou modificación audioguías, pantallas táctiles ...).

2. Ampliación de tecnoloxías e sistemas de organización relativos á mellora da xestión dos establecementos.

A mellora subvencionable non poderá supor un incremento superior ao 10% das prazas autorizadas pola Administración turística (e no caso de ter gozado dunha subvención semellante nos últimos cinco anos, non poderá incrementar ningunha praza); no caso de que a mellora implique un incremento superior, presentarase a desagregación orzamentaria do proxecto que reflicta o custo correspondente á creación de cada unha das novas prazas que permita a determinación da contía da subvención.

En ningún caso se financiarán as obras de mantemento do establecemento.

5. Considérase investimento subvencionable tanto a execución material das obras que se acometan para a mellora dos establecementos obxecto desta resolución, e igualmente, de ser o caso, a adecuación do contorno, as actuacións de recuperación dos elementos de arquitectura tradicional existentes e os honorarios técnicos.

6. Están comprendidos nos proxectos de obras e son, polo tanto, subvencionables, todos aqueles bens de equipo que deben ser empregados nestas mediante instalacións fixas, sempre que constitúan complemento natural da obra (cociñas, cámaras frigoríficas, instalacións de aire acondicionado etc.). Non se considera subvencionable o equipamento que non cumpra as ditas condicións.

7. Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación desta resolución o mobiliario, a lenzaría, o enxoval doméstico, a louza e análogos e a adquisición de terreos.

8. En ningún caso serán obxecto de subvención os gastos de xuros debedores en contas bancarias, os derivados de recargas e sancións administrativas e penais. Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente. En ningún caso se van subvencionar os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.

9. Cando o importe do gasto subvencionable sexa igual ou superior a 50.000 euros no caso de contratos de obras, ou igual ou superior aos 18.000 euros cando se trate doutros contratos, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. 

10. Unicamente poderán recibir subvención aqueles proxectos que se inicien e executen a partir do 1 de xaneiro de 2012. 

Beneficiarios:As persoas físicas ou xurídicas ou comunidades de bens que reúnan os requisitos establecidos nestas bases e sexan titulares dos establecementos restaurantes nos cales se poidan realizar os investimentos obxecto de subvención, segundo o establecido no artigo 1 destas bases.

Os titulares dos establecementos restaurantes que se subvencionen terán que ser propietarios dos inmobles ou predios obxecto de actuación ou ben ter unha disposición sobre eles, acreditada por calquera título válido en dereito, que permita realizar o investimento proxectado. En calquera caso, o beneficiario da subvención terá o pleno uso e desfrute dos inmobles e/ou dos predios.

Obrigas dos beneficiarios

Os beneficiarios das subvencións adquiren os seguintes compromisos e obrigas, de conformidade co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, sen prexuízo das demais obrigas que resulten da normativa aplicable:

a) Iniciar a actividade turística (ou continuala no caso de proxectos de mellora), incluídos todos os servizos que se recolleron no proxecto, logo de declaración responsable de inicio de actividade, nun prazo máximo de seis (6) meses contados a partir da data límite da xustificación final do investimento fixada no artigo 17 destas bases.

b) Manter a entidade beneficiaria da axuda a súa actividade en Galicia, sen posibilidade de subcontratala, durante un período mínimo de cinco (5) anos, contados desde a data da declaración responsable de inicio de actividade ou, no seu defecto, desde que se produza a liquidación definitiva da subvención.

Así mesmo, segundo establece o artigo 57 do Regulamento 1083/2006, o investimento deberá manterse en Galicia polo menos durante os cinco anos seguintes, unha vez completada a totalidade do investimento.

No hay comentarios: