ARTICULOS POR TEMAS

11.6.08

Ayudas financieras Internacionalización IGAPE empresas gallegas

Bases reguladoras das axudas financeiras do Igape á internacionalización das empresas galegas (DOG Nº92 do 14/05/2008):

O obxectivo destas bases é facilitar a internacionalización da empresa galega poñendo ao seu alcance liñas de axudas financeiras que apoien a súa presenza exterior, xunto cos servizos de apoio que, neste ámbito, xa están a adisposición do empresariado galego. A aposta do Igape pola internacionalización das empresas está baseada nun modelo facilitador de información, servizos directos nos principais mercados internacionais e financiamento ás empresas para a súa entrada neles, aposta que se complementa coa formación e especialización de recursos humanos.

As axudas aplicables para este eixo son as seguintes:

IG110 - Presenza en eventos expositivos internacionais (artigo 9)

IG111
- Proxectos de cooperación internacional (Artigo 16)
IG123 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais internacionais directas (artigo 11)
IG124 - Proxectos de organización e participación en misións empresariais inversas de calquera país estranxeiro a Galicia (artigo 14)
IG150 - Elaboración de diagnósticos empresariais da capacidade de internacionalización (Artigo 7)
IG151 - Elaboración de estudos e investigación de mercados internacionais (Artigo 8)
IG154 - Organización e participación en misións empresariais tecnolóxicas (Artigo 13)
IG155 - Asistencia técnica para á participación en licitacións públicas internacionais (Artigo 15)

IG157
- Identificación e implantación de boas prácticas e proxectos de intercambio de experiencia no ámbito internacional (Artigo 18)
IG158 - Proxectos de prospección e primeira implantación comercial conxunta no estranxeiro (Artigo 19)
Servizos do Igape para a internacionalización:
Apoio directo en destino con oficinas propias do Igape: Alemaña, Estados Unidos, China, Xapón e Polonia.
Envío de estudos de mercado e oportunidades de negocio.
Seguro de crédito á exportación Igape-Cesce.
Interpretación telefónica simultánea.
Rede de bolseiros no exterior: Alemaña, Bélxica, Francia, Hungría, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido, China, Emiratos Árabes Unidos, India, Singapur, Xapón, Arxentina, Brasil, Chile, Estados Unidos, México
Rede de axentes comerciais no exterior: Alemaña, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, China, Colombia, Estados Unidos, Francia, Hungría, Letonia, Luxemburgo, Marrocos, México, Polonia, Portugal, Reino Unido, República Checa, Romanía, Suecia, Venezuela, Vietnam e Xapón.
Colaboración coas 10 asociacións de empresarios de orixe galega no exterior: Arxentina, Brasil, México, Portugal, República Dominicana, Uruguai, Venezuela, Cataluña e Madrid.

No hay comentarios: